18/5/07

O silencio redimido

O silencio redimido é unha obra autobiográfica de Silvio Santiago. Narra de xeito novelado a súa fuxida cara a América escapando polo veciño Portugal na guerra civil.
Ao ser detido por pertencer ao sindicato dirixido por Ángel Pestaña, ao protagonista lévano ao carcere de Portoledo. Despois de botar preso case un ano decide pasar a raia en segredo, coa axuda dun irmán e o amigo Cándido. Xa en Portugal diríxense cara a unha vila chamada Santana onde ten uns curmáns, os Borxas. Até que ao cabo duns meses na súa compaña ten que escapar na fría noite para salvarse pois entraran na casa en busca del.
A fuxida continúa deica Lisboa para arranxar o pasaporte e fuxir dos gardas. Colle un tren preto de Santana e ao pouco chega á capital lusa onde o espera unha amiga dos seus curmáns. Cando pasan unhas semanas e aínda non consegue o pasaporte comeza a perder a esperanza, pero coñece a un home que tamén era republicano e que tiña amigos no goberno portugués. Así consegue os papeis para marchar a Cuba.

Resulta moi difícil resumir a vida dunha persoa nunhas liñas, por iso recomendo ler este gran libro, moi entretido e interesante. Ademais é un orgullo que este fenomenal escritor sexa de Vilardevós, do meu concello.

AITOR DIZ (3º. ESO)