28/3/08
27/3/08
Día do Teatro: contacontos na biblioteca
27 de marzo, Día Mundial do Teatro 2008
Mensaxe Internacional por Robert Lepage, home de teatro.
Existen varias hipóteses sobre as orixes do teatro, pero a máis estimulante ten a forma dunha fábula:
Unha noite, en tempo inmemorial, un grupo de homes reuníronse nunha canteira para quentarse e contarse historias ao redor do lume. De súpeto, un eles tivo a idea de levantarse e utilizar a súa sombra para ilustrar o relato. Ao axudarse coa luz das chamas, fixo patentes sobre as paredes da cova a uns personaxes meirandes ca os reais. Os outros espectadores, abraiados, recoñeceron nas sombras ao poderoso e ao débil, ao opresor e ao oprimido, ao deus e ao mortal.
Hoxe en día, a luz dos proxectores substitúe a fogueira inicial e a maquinaria de escena, ás paredes da caverna. E con todo respecto a algúns puristas, esta fábula lémbranos que a tecnoloxía está na orixe do teatro e que non debe percibirse como unha ameaza, senón máis ben como un elemento enriquecedor.
A supervivencia da arte teatral depende da súa capacidade para reinventarse integrando novas ferramentas e novas linguas. Se non, como o teatro podería seguir sendo a testemuña de todas as grandezas e do que está en xogo no seu tempo e, ao mesmo tempo, promover o acordo entre os pobos, se el mesmo non demostrase apertura? Como podería gabarse de ofrecer solucións aos problemas da intolerancia, a exclusión e o racismo, se, na súa práctica propia, se negase a toda mestizaxe e a toda integración?Para representar ao mundo en toda a súa complexidade, o artista debe propor formas e ideas novas, confiando na intelixencia do espectador, que é capaz así mesmo de distinguir a silueta da humanidade dentro do perpetuo xogo de luces e sombras. É certo que de tanto xogar co lume, o home corre o risco de se queimar, pero non é menos certo que deste xeito mantén a esperanza de engaiolar e iluminar.
Publicado por
Bibliobaronceli
0
comentarios
Etiquetas: Actividades, Lingua, Teatro
26/3/08
Historia da CDU
No blogue O Cantinho da activa Biblioteca Escolar EB1/JI de Ponte do Sor atopamos este vídeo coa "História da CDU contada a crianças":
Se non abre correctamente, proba http://videos.sapo.pt/LWGLFhiSgkQLhffAzUe3
Achas algunha diferenza coa clasificación empregada na nosa biblioteca?
Via Bibliotequices
Publicado por
Serafín
0
comentarios
Etiquetas: Formación de usuarios, Mediadores, vídeos
15/3/08
Día da Prensa
Estamos seguros de que en calquera hora lectiva do curso e en calquera centro educativo un estudante pasa as follas dun xornal ou un profesor reparte fotocopias de novas ou artigos. Se así non fose, deberiamos preocuparnos. En calquera aula e en calquera materia, aínda que sexa un só alumno e un só profesor. O que non é normal é que todo un centro de douscentos alumnos se poña de acordo para saír á mesma hora das aulas á procura da información. A actividade de busca de datos nas diversas seccións dun xornal repartidas por todo o instituto, para o cal tiñan que orientarse cun plano, coidamos que foi satisfactoria. Grazas a todos por axudar de parte do Grupo de Traballo da biblioteca.
Publicado por
Serafín
0
comentarios
Etiquetas: Actividades, Grupo de Traballo, vídeos, Xornal
13/3/08
Visita Bousés
http://usuarios.lycos.es/bouses/indexo.htm
Nela poderás observar a imaxes das festas do pobo, do equipo de fútbol, a matanza, a igrexa… Tamén conta cun chat e un libro de visita.
A idea de facer a páxina foi de Jesús. Un saudo para el e para os bousesáns do mundo. Grazas pola vosa visita esta Semana Santa.
Foto aérea de google earth
ISMAEL PALANCA TORO
Publicado por
Bibliobaronceli
0
comentarios
11/3/08
Unha historia de urcos
O tesouro da lagoa de Reid'Is
AUTOR: AGUSTÍN AGRA
ILUSTRACIÓNS: ANDRÉS MEIXIDE
Xerais (Col. Merlín), Premio Merlín de Literatura Infantil 2006.
Reseña editorial
Trata da historia dun neno que vai pasar o verán a Viladomar, o lugar dos seus avós. Alí coñece a súa curmá, Aldara, que vive noutro país, e pasan todo o verán xogando e gozando na praia. Como mellor o pasan é escoitando as historias do seu avó. Sobre todo gústalles unha na que o ancián lles vai contando pouco a pouco e que incluso lle leva todo o verán.
O avó é un aventureiro que tivo unha gran aventura cando era novo, relacionada co seu pai, o bisavó dos nenos.
Cando era o avó novo, botáronlle un mal de ollo ao seu pai, e tivo unha doenza incurable. Fartaron de ir a médicos e curandeiros, pero nada. O avó dos nenos acabou indo onda un mestre da menciña, que lle dá o remedio necesario. Dille que ten que ir a buscar un tesouro a un lago custodiado por uns monstros chamados urcos. No fondo do lago había unha cidade que se inundou. Ó final, o avó aproveitando un despiste… Pero non esperes que cho conte, lea ti.
Publicado por
Bibliobaronceli
0
comentarios
Etiquetas: Lecturas (alumnos), Narrativa
6/3/08






