27/2/08

Arquivo da experiencia

"O Arquivo da Experiencia ofrece protagonismo a un sector da poboación ata agora pouco favorecido na Internet: os nosos maiores. Os seus testemuños e achegas crearán un mosaico de contidos que contribuirán á conservación da nosa herdanza histórica.
Porque son as persoas as que fan un país e son as historias de cada home e de cada muller as que lle confiren unha personalidade, o Arquivo da Experiencia converterase nun importante documento vivo sobre a historia da España do século XX e en fonte de información esencial para o futuro."

Velaquí dous testemuños sobre a escola, ou a falta dela, na Galicia da posguerra.

Emilia aprende a ler


Profesora dunha escola rural


Máis en Profesores, ou Prohibición da lingua

18/2/08

O libro, ese vello sistema operativo

Todos necesitamos axuda cos novos sistemas operativos.

15/2/08

A poesía é de quen a necesita


Isto lle respondía o carteiro Mario ao poeta Pablo Neruda: “A poesía é de quen a necesita”. Como Mario, que necesitaba as palabras para namorar á súa Beatrice, todos necesitamos palabras de amor. E as palabras voaron. Trinta poemas de amor en galego, castelán, inglés e francés; unhas corenta copias de cada un deles...
Non fomos os únicos aos que este ano contaxiou a idea orixinal de Cupido está de folga de Carmen Loriga da Coruña. Din os da Marela Tarabela de Lalín:
“O único certo é que agora hai mil poemas onde antes non os había”
Cos nosos xa son máis de dous mil.
________
P.D.: O recital “Love is in the in air” repitirase o luns, no recreo, na biblioteca.

11/2/08

As vacacións de Saida

Catro versións ilustradas de As vacacións de Saida realizadas xa no primeiro trimeste do curso polos alumnos e alumnas de 1º. ESO.
(Preme sobre a imaxe)






Na biblioteca:
As vacacións de Saida
AUTORA: Peydró, Eva
Ilustracións, Sergio Cordero Hermida; cuberta de Fausto;
Traducción, Silvia Gaspar
Vigo : Galaxia, 2005 Edición: 1ª ed
Localización: 821 X/PEY/vac