25/5/07

Palabras con sentido

Estas son para nós as palabras máis especiais, fermosas, amadas, comprendidas, desexadas... Resultado da enquisa "Palabras con sentido", organizada polo ENL do centro.

17/5/07

Recital das Letras












Grazas a todos/as pola magnifíca participación e comportamento no recital de homenaxe a María Mariño o pasado 16 de maio.
Feliz día das Letras.

10/5/07

Soneto de Monterrei

Soneto de Monterrei

Alá en Monterrei en Val de Laça,
a Violante vi beira de un río
tan fermosa, en verdá, que quedei frío
de ver alma inmortal en mortal maça.

De un alto e lindo corpo a seda laça
a pastora sacaba fío a fío,
quando lle dise: - “Morro, corta o fío”
- “Vólveo, non cortarei, seguro pasa”.

- “¿E como pasarei, se eu acá quedo?
Se pasar –respondí- non vou seguro
que este corpo, sen alma, morra cedo”.

- “Coa miña, que levas, te aseguro
que non morras pastor” – “Pastora hei medo;
o quedar me parece máis seguro.


Anónimo 1530-1540
Atribuído (?) a Luís de Camoes


Reproducimos tamén aquí o Soneto de Monterrei para que nos sexa máis doado atopalo a próxima vez que traballemos a literatura galega dos séculos escuros. Ao alumnado de 3º da ESO non lles foi doado atopar na rede esta xoia poética renacentista que menciona precisamente un dos lugares de procedencia dos rapaces e rapazas deste instituto.

2/5/07

Velaí foi o maio

Antes eramos o nº. 1
Agora somos o Castro
Dentro de pouco
porannos nun canastro.


Certame Enrique Gómez Pato - Maios 2007
Decargar coplas (documento pdf)


1/5/07

Mallo en maio: A sorpresa do trigo

















O 1 de maio do 1936, o último antes da guerra, Maruxa Mallo pinta este cadro, A sorpresa do trigo. Cereal dourado a nacer duns dedos femininos e, sobre todo, a face no mesmo momento dunha revelación sorprendente: son as nosas mans traballadoras as que producen o pan.


O lenzo formou parte da serie “La religión del trabajo” e acompañouna no longo exilio por América. Así relata coas súas palabras, corenta anos máis tarde, a emoción daquela xornada de manifestación obreira:


A orixe de Sorpresa do trigo brotou presenciando a última manifestación do 1º. de Maio que desfilaba por Recoletos. Pasaban uns señores con ollos mirando para o ceo. Entre o grupo que presenciabamos este sereno desfile estaba María Zambrano que pronunciou: “estes son os liberais”. Despois apareceu todo o mocerío moi decidido cun simulacro de armas e eu dixen: “estes son os precursores dun novo imperio inédito”. Repentinamente emerxeu entre o desfile un brazo que alzaba un enorme pan, coma unha eucaristía. Ao chegaren onda nós pergunteilles: “de onde vindes?” Dixéronme que viñan andando desde Tarancón. “E que queredes?” “Pan”.


Para saber máis sobre Maruxa Mallo na nosa biblioteca:


Maruxa Mallo
Autor/es: Vidal, Carme
Publicación: [Vigo] : A Nosa Terra, D.L. 1999
Localización: 396/VID/mar Nº rexistro: 475