22/1/07

"O amor pola lectura apréndese, pero non se ensina"

Entre as lecturas que deixaron nesta casa os pasados Reis estaba precisamente Una historia de la lectura, de Alberto Manguel, na fermosa edición de Lumen que inclúe 350 ilustracións a cor. Con el podiamos alimentar ata a derradeira páxina deste caderno de apuntamentos. Por iso, no canto dun listado de intencións obvias e outras inconfesables, prefiro comezar coa imaxe extraída do libro de Manguel.

Así imaxinaban nunha revista francesa a comezos do século XIX como sería a aprendizaxe da lectura no ano 2000. Está claro que o autor non era un Verne, pero sabemos que en algo atinou cando vemos os nosos alumnos de hoxe en día colgados literalmente polas orellas con mp3 e móbiles.

O que non cambiará son as misteriosas razóns da lectura:
"El amor por la lectura es algo que se aprende pero no se enseña. De la misma forma que nadie puede obligarnos a enamorarnos, nadie puede obligarnos a amar un libro. Son cosas que ocurren por razones misteriosas, pero de lo que sí estoy convencido es que a cada uno de nosotros hay un libro que nos espera. En algún lugar de la biblioteca hay una página que ha sido escrita para nosotros"

No hay comentarios: