O perfume. Historia dun asasino
PATRICK SÜSKIND
Tradución de LUÍS FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Sotelo Blanco Edicións, Col. Medusa. Santiago de Compostela, 2006
Comezar a ler este
best-seller permanente, agora por primeira vez en galego, segue a producir o mesmo efecto entre o noxo olfactivo e a atracción literaria que cando se publicou por primeira vez hai máis de vinte anos. Os cheiros do mercado do peixe onde malparen ao abominable Jean-Baptiste Grenouille, nunha "época abundante en figuras xeniais e abominables", seguen impregnándonos ao longo da obra do mesmo xeito que arrepían os seus asasinatos.
A busca por medios criminais do perfume absoluto explícase cando se une á palabra
amor, que aparece poucas veces na obra pero ofrece ao lector un cabo ao que agarrarse:
O olor do home resultáballe en si mesmo indiferente. O olor do home podía imitalo perfectamente, enriquecéndoo con sucedáneos. O que cobizaba era o olor de certos homes; isto é, aqueles rarísimos homes que inspiraban amor. Estes eran as súas vítimas.
Grenouille, o ser sen cheiro propio, será consciente de que malia conseguir o seu arrencedo nunca coñecerá o amor como tampouco nunca poderá ulir coma un ser humano. Ao final, regresará para morrer ao lugar onde naceu.
Amor é a derradeira palabra da novela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario