Soneto de Monterrei
Soneto de Monterrei Alá en Monterrei en Val de Laça, a Violante vi beira de un río tan fermosa, en verdá, que quedei frío de ver alma inmortal en mortal maça. De un alto e lindo corpo a seda laça a pastora sacaba fío a fío, quando lle dise: - “Morro, corta o fío” - “Vólveo, non cortarei, seguro pasa”. - “¿E como pasarei, se eu acá quedo? Se pasar –respondí- non vou seguro que este corpo, sen alma, morra cedo”. - “Coa miña, que levas, te aseguro que non morras pastor” – “Pastora hei medo; o quedar me parece máis seguro. Anónimo 1530-1540 Atribuído (?) a Luís de Camoes |
Reproducimos tamén aquí o Soneto de Monterrei para que nos sexa máis doado atopalo a próxima vez que traballemos a literatura galega dos séculos escuros. Ao alumnado de 3º da ESO non lles foi doado atopar na rede esta xoia poética renacentista que menciona precisamente un dos lugares de procedencia dos rapaces e rapazas deste instituto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario