Amor de cancioneiro
RAMÓN CABANILLAS
Cancioneiro popular galego
Biblioteca da Cultura Galega (Galaxia), 1995
Este libro de poesías populares gustoume moito, especialmente as que tratan de temática amorosa. Pero hai moito máis ca amor: a saudade de marchar da túa casa, nais que se preocupan polos fillos; relacións de casados, sogras...
Nunha lectura fácil e amena podemos extrar da sabedoría popular consellos, experiencias, risas, coitas de amores imposibles, burlas.
Déixovos as coplas que máis me gustaron:
Meus ollos choran por verte,
meu corazón por amarte,
meus pés por chegar a ti,
meus brazos por abrazarte.
meu corazón por amarte,
meus pés por chegar a ti,
meus brazos por abrazarte.
***
Aquela pombiña branca
que está no valo da eira,
non lle tires a matar
que é a miña compañeira.
***
Catro cousas hai no mundo
que revolven o sentido:
amar e non ser amado,
querer e non ser querido.
que revolven o sentido:
amar e non ser amado,
querer e non ser querido.
***
Carmiña da miña carne,
sangue do meu corazón,
nin contando as estreliñas,
contarías meu amor.
sangue do meu corazón,
nin contando as estreliñas,
contarías meu amor.
Enviado por SUSANA (3º. ESO-D)
No hay comentarios:
Publicar un comentario