21/12/07

2008 libros deséxanvos felices Horas de Ler

Casualidade ou non, 2008 é o número de libros rexistrados ao que chegamos este mes. Foron estas últimas xornadas lectivas do ano uns días intensos para o centro: avaliacións, viaxe á Coruña, carreira campo a través en Tintores, teatro e obradoiros (músicas do mundo, malabares, maquillaxe). E tamén para a biblioteca: actividade de busca documental e campaña de empréstamo de nadal. Non chegamos ao obxectivo dos 200 libros (un libro por alumno), pero abonda dicir que no último trimestre realizamos case tantos préstamos como nos dous cursos anteriores.
Porén, o principal do día de hoxe foi a aprobación por unanimidade do claustro da proposta da “Hora de Ler”. Por iso, velaquí estamos tan felices os integrantes do Grupo de Traballo. Grazas a todos e todas e feliz aninovo de lecturas.


(P.D. A Fariñas incluirémolo con Photoshop)

No hay comentarios: