I Romaría Popular das Letras Galegas (19 de maio)
Conecta o son para escoitar as Cantadeiras do Baronceli.
Cumpriuse o obxectivo de xuntar por unha vez a toda a comunidade educativa nunha actividade festiva, sen perder de vista o sentido cultural da celebración das Letras Galegas. Alumnos, profesores, pais, persoal non docente e representación municipal cumprimos o programa previsto.
O alumnado foi o principal protagonista. Vaia o noso aplauso a todos eses voluntarios/as que se apuntaron a ensaiar durante os recreos para cantar, bailar, recitar poesía e interpretar teatro. Tamén aos 17 participantes do Concurso de Larpeiradas que puxeron o seu esforzo (e o da súa familia) en adozarnos a xornada. Axiña publicaremos e gardaremos na biblioteca as vosas receitas. Asemade, os resultados do concurso de marcapáxinas merecerán unha próxima análise máis polo miúdo.
O outro portagonista foi para nós, con permiso de Álvarez Blázquez, Xesús Taboada Chivite. Agardamos que a retransmisión radiofónica de Onda Cero-Verín da inauguración da aula que a partir de agora levará o seu nome, fose tan emotiva como en directo. Foi un honor contar no noso instituto coa presenza dos fillos do gran intelectual verinense que nos lembraron o valor que o seu pai lle concedía á formación rigorosa no estudo e á aprendizaxe persoal.
Subscribimos as palabras do profedelengua, que na súa crónica da xornada remata con estas palabras que moito agradecemos:
"Eu, dende logo, apúntome a unha II Romaría Popular agora mesmo, pero o que éAdemais da animación anterior coa que inauguramos a nosa canle YouTube, non perdas a reportaxe fotográfica completa (70 fotos de Israel).
máis importante, apúntome a un instituto que aínda que pequeniño, amosa tanta
vitalidade, creatividade e entusiasmo por facer cousas novas. Un placer
compartir a nacionalidade baronceliana con todos vós."
1 comentario:
Parabéns!!
Non podía haber festa mellor para celebrar un Gran Día.
Apertas dende Fene
Publicar un comentario