15/10/08

Ampliando o significado das maniotas


"A Educación Física está a ser unha asignatura pioneira na introducción de métodos de ensino-aprendizaxe activos, pola súa propia definición, obxectivos e contidos. A motivación do alumnado, a súa participación activa nas clases, o traballo en grupo, as actividades no contorno natural máis próximo ou máis afastado, tanto dentro como fóra do horario lectivo, a posibilidade de elixir contidos nun amplo curriculum aberto, as clases realizadas fóra do ximnasio á vista do resto da comunidade educativa, o protagonismo das actividades deportivas no tempo de lecer do alumnado, a organización de competicións deportivas e festas... Son características dunha escola aberta ao seu contorno e a valores dunha sociedade que necesita persoas preparadas para o traballo en equipo, solidarias, participativas, con iniciativas e con capacidade para levalas adiante, onde o traballo persoal é imprescindible para que o resultado final colectivo sexa un éxito, e non se entenda como unha loita duns contra outros para obter mellor cualificación."

Pois daquela só nos queda recomendar a visita ao blogue da autora desta cita, unha asturiana que fala moito e ben en galego sobre a materia de Educación Fisica na ESO. Especialmente dirixido aos profesores/as, non está mal para todos unha ración de Maniotas, despois de tantas horas de biblioteca.

No hay comentarios: