19/12/08

Foto finish 2008

Neste primeiro trimestre realizamos, segundo os datos estatísticos do ordenador, 344 operacións de empréstito. Algúns deles xa rexistrados polo equipo de apoio de alumnas de 4.º ESO (Grazas Belén e Nayara). Cómpre engadirlle as operacións rexistradas manualmente (cada vez menos); a cesión temporal ás bibliotecas de aula para a HORA DE LER; a maleta empregada polo alumnado do Plan PROA (Grazas Jesu) e as dúas MOCHILAS VIAXEIRAS que saíron hoxe entre o rebumbio do último día.

Cremos que é un magnífico comezo de curso, pero o mellor está por chegar. Por iso os do Grupo de Traballo da Biblioteca desexámosvos un feliz 2009. Aquí estamos e polas obras nos coñeceredes:
Rosa (Dicionario X. da lingua), Bea (Don Quijote), Carme (A orixe das especies), Miguel (Recreaciones matemáticas), Paco (Chirlomirlos. Enciclopedia dos xogos populares), Serafín (Obras completas de Castelao), Dori (Enciclopedia visual de los deportes), Carmen (globo terráqueo) e Sofía (Astérix le Gaulois). E por segundo ano consecutivo, Fariñas é "O home invisible".
Foto de Israel.

3 comentarios:

profedelengua dijo...

Pois moi ben, "homo bibliotecarius", gracias polo teu labor e ánimo inagotable ao longo destes meses ao frente da Biblioteca do centro. Felicidades ao resto de sorrintes colaboradores! Seguide así!

Jessicalaza dijo...

Ola! pos nada aki anda unha ex-alumna perdida cos cambios k deu esto. decir que esta todo moi bonito, felicitar ao inventor desta paxina, saludar e mandar un bico moi grande aos profesores, e decirlle aos alumnos que coiden ao instituto koma se fose un tesouro, pork kando un se vai de ahi sabe realmente o k era.
un bico moi graande,

Jessica Glez Freitas

Serafín dijo...

Moitas grazas Jessica polos teus cometarios. Tanto me gustaron que as vou repetir para que se lean dúas veces:
"pídolles aos alumnso que coiden o instituto koma se fose un tesouro".
Tamén debemos agradecer e repetir que a foto é do "gazitellero mayor", Israel.
Boas festas.