17/12/08

Po de estrelas

XURXO MARIÑO. Po de estrelas.
Consello da Cultura Galega
Descárgao de balde

Po de estrelas non é un libro complicado. Ao contrario, o autor intenta que os lectores aprendan algo máis da ciencia de forma divertida. Móstranse artigos e sucesos científicos ocorridos frecuentemente, e explica en que consisten algunhas teorías que noutros libros científicos son de difícil comprensión.

As numerosas ilustracións, entre capítulo e capítulo, fan moito máis agradable a lectura. En definitiva, procura que a xente nova da nosa idade logre entender algo máis de ciencia cun ton humorístico.

DIEGO PASCUAL (3.º ESO)

No hay comentarios: