Baronceli lector (clubes de lectura)
Logo da experiencia do curso pasado co clube de lectura dos profesores, comezou a funcionar este mes de xaneiro o Baronceli lector. Repartidos en varias seccións, coordinadas por un docente, están formados os seguintes clubes:
Libros a PROA
Fóra do horario escolar, o instituto permanece aberto as tardes dos martes e dos xoves para acoller aos do Plan PROA. Dez alumnos de 1.º e 2.º ESO que dirixidos polo seu mestre Jesu aproveitan en máis dunha ocasión a biblioteca e, entre outras moitas actividades de reforzo educativo, len.Este mes están a ler as Memorias dun neno labrego, de X. NEIRA VILAS.
O 4.º dos lectores
O alumnado de cuarto forma un clube de lectura especial. Dirixidos por Israel, o profedelengua, están a ler o éxito do momento:S.MEYER, Crepúsculo
Os profes tamén len
Por segundo ano consecutivo, os integrantes do Grupo de Traballo da Biblioteca reservan a derradeira media hora das reunións para falar dos libros cuxa lectura común foi acordada entre todos. Tamén se adoita incluír un ensaio sobre a lectura ou o ensino.Ata este momento do curso esta é lista de lecturas:
Ficción
M. HADOK, O curioso incidente do can a medianoite
K. HOSSEINI, Cometas en el cielo
A. BENNET, Una lectora nada comúnEnsaio
G. ZAID, Los demasiados libros
D. PENNAC, Mal de escola
J. MARINA; de la VÁLGOMA, La magia de leer
Axiña se poran en marcha outras experiencias parecidas ás dun clube de lectura. Trátase de grupos formados a requirimento dun docente para traballar voluntariamente cos seus alumnos a lectura dun libro. Por exemplo:
Boas lecturas.
1.º ESO (Agr.)De todos esperamos comentarios neste blog.
Profesora: BENI
Libro: O principiño de ANTOINO DE SAINT-EXUPÉRY
Boas lecturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario