24/4/09

Cadernos Manuel Taboada Cid

Xa están na biblioteca os catro primeiros Cadernos Manuel Taboada Cid para a difusión da cultura verinense. Neles recóllense os traballos premiados nos pasados certames literarios de escolares da comarca. Podes consulalos na biblioteca e mesmo solicitar o teu exemplar.

Estamos seguros de que ao filólogo, investigador e docente Manuel Taboada Cid lle gustaría ver asociado o seu nome á creación literaria da mocidade. Os profesores do Baronceli, entre eles Beni e Serafín que asistiron ás súas clases de lingua española na facultade, únense a esta homenaxe e concordan co perfil humano trazado nos Cadernos:

"Afábel, xeneroso, optimista, motivador; alumnos seus na universidade, hoxe profesores en Verín, lembran a Manolo -así lle chamaban cariñosamente- como erudito consciente das problemáticas do seu país, que desbordaba humanidade e cortesía no trato co alumnado: un verinense exemplar."