24/5/09

Novidades na Biblioteca de Verín

Cando aínda estamos celebrando os resultados dos premios literarios do Concello de Verín, a Biblioteca Municipal convoca un novo concurso de narrativa. Está dirixido a escolares da comarca e tamén do municipio de Chaves. Presenta a novidade dun curioso sistema de premio mediante sorteo entre os participantes seleccionados. (Ver Bases)


As bases tamén poden consultarse na súa recén estreada páxina web que merece ser recibida con alegría e parabéns. Ademais da publicidade das súas actividades como esta iniciativa do concurso, facilita a consulta do catálogo en rede e dos servizos de documentación como o acceso ao CER (Compendio Educativo en Red).