17/5/09

Reivindicando ao músico Ángel Barja

Edelmiro Mateo, director da Coral de Verín, trazou o venres na biblioteca o perfil humano do seu mestre e amigo Ángel Barja. A través da súa exposición realizada desde a emoción, descubrimos a que sen dúbida é unha das maiores figuras musicais de Galicia, e que ademais foi paisano noso. Ángel Barja naceu en Terroso (Vilardevós) no ano 1938, e aínda que desenvolveu a súa carreira musical fóra de Galicia, principalmente en Roma e León, mantivo unha estreita relación coa súa terra na que conserva vínculos familiares. Esta foi unha das mensaxes máis repetidas na conferencia: "De verdade podemos presumir de Ángel Barja porque foi un músico, director e compositor excelente. Aínda que aquí sexa descoñecido, goza dun recoñecido prestixio internacional".

O luns, 18 de maio, dedicarémoslle a Aula de Música dentro das actividades da II Romaría das Letras Galegas organizadas polo ENDL.

No hay comentarios: