16/9/09

Como dar clase aos que non queren

JUAN VAELLO ORTS
Cómo dar clase a los que no quieren
Santillana, 2008
ISBN: 978-84-294-5513-7

Comeza o curso. Chegou o momento de pór en prática as "solucións máxicas" deste título, que foi o máis mercado o curso pasado neste claustro de profesores.
Sen esaxerar, del pódense extraer mil e unha receitas para levar a aula e mellorar o nivel de convivencia e aprendizaxe dos nosos alumnos. Sen esquecermos precisamente deses aos que fai referencia o título. Os que non queren (QNQ). Ás veces lembrábame a gran pregunta que nos facemos na biblioteca: Como facer ler ao que non quere. Tamén para isto podemos extraer reflexións útiles no libro de Vaello.
Está, ademais, moi ben estruturado. Cada capítulo comeza cunha enumeración de respostas a estas tres preguntas: Que facer, por que e como. Deste xeito aborda aspectos relacionados coa xestión e o control da clase, as competencias sociemocionais (actitude, asertividade, empatía, autoestima, motivación, atención...) e as titorías.
A min convenceume, aínda que agora toque prácticar os trucos ata que parezan maxia. Para os que cremos no optimismo pedagóxico.

"Frente a la actitud de desánimo fatalista que a menudo se instala en el mundo educativo: "esto cada vez va peor", "no hay nada que hacer", podemos inspirarnos en la actitud del mundo científico, que nos da ejemplos de persistencia para seguir investigando sin desmayo soluciones a problemas aparentemente irresolubles."
_______

Documentos adxuntos (Cep Priego Montilla)

Vídeo dunha conferencia de Juan Vaello Orts.

2 comentarios:

Biblioteca Escolar CPI San Vicente dijo...

Moi interesante esta lectura. Non estaría mal incluila como lectura obrigatoria para profes no noso Plan Anual de Lectura. ;-)

Serafín dijo...

Tes razón, non estaría mal. Mellor de xeito voluntario como lectura para profes nas chamadas "Aulas de Convivencia".