15/10/09

Acuse de recibo variado. De Contos azuis a Filomena Dato


Agradecémoslle ao escritor Fernando Cabeza Quiles o envío da súa obra Contos azuis. Chegou esta mañá á nosa biblioteca e apenas tivo tempo de pasar polo expositor de novidades. Xa comezou a súa viaxe de prestamos. Cando volva, quizais a súa lectora nos fará unha valoración.

Tamén acusamos recibo de dúas obras remitidas pola Deputación de Ourense ás que presupoñemos menos saídas dos andeis, pero non menor interese. Unha trátase da novela La marca del agua asinada polo xornalista Santiago Palmeiro.


A outra é o estudo sobre Filomena Dato, a poeta galega de entre séculos que inclúe unha recompilación poética da que escolmamos estes versos publicados no ano 1887 en defensa das mulleres:


Quero os agros recorrer
dendes de Grecia á Galicia
e lembrar se ser poidera
dende Safo a Rosalía...
mais non rinuncio a lembrarvos
lindas froles pelegrinas;
pois que todos vos conecen
e non sodes esquencidas.

No hay comentarios: