8/2/10

Un peliqueiro republicano



A careta de Peliqueiro que aparece na nosa cabeceira é unha auténtica peza de museo. Consérvase en Madrid, no Museo del Traje (Centro de Investigación del Patrimonio Etnológico). Exactamente, pódese ver nunha vitrina da sala 7 denominada “Pervivencias”.
Todo o conxunto (cavaco e mitra, camisa, gravata, chaqueta, pano, faixa, chocos, cinto, calzón e zamarra; ademais das medias, ligas e zapatos que non se expoñen) data dos anos trinta do pasado século. Se te fixas ben, verás que no curioso barco da careta ondea a bandeira republicana (1931-1936).
Xa hai, daquela, máis de oitenta anos que foi mercado por Xesús Taboada Chivite, a instancias de Vicente Risco, para satisfacer unha encarga do gran promotor deste tipo de museos: Luis de Hoyos.




Hai algún lector do blog que visitara o Museo do Traxe?

Que opinades vós, peliqueiros e peliqueiras que andades inquietos polo Castro de Baronceli ante os inminentes días grandes do entroido? Alguén se atreve a intentar transmitirnos ese infable orgullo de vestir o traxe de peliqueiro?
Enlaces:

No hay comentarios: