14/9/10

Benvidos a unha nova etapa

Acabouse o verán, e iníciase un novo curso.

Benvidos, bibliobaroncelianos e bibliófilos en xeral, a unha nova etapa, que se presenta desta vez orfa de quen fixo da Biblioteca do "Castro de Baronceli" algo mais cunha sala chea de libros, de Serafín, co que a Biblioteca transformouse nun ente vivo, dinámico, catalizador de case que todas as actividades do centro. Serafín -que anxo que fuches para nós- foise tras catro fructíferos anos, e esperamos que as novas terras que o acollen o fagan coma el merece. Aquí, entanto, pretendemos perpetuar ese labor, e que a nosa Biblioteca continúe a crecer e que nos faga crecer a todos coma persoas e como colectivo. Gracias de antemán aos que faredes da BiblioBaronceli un espazo no que apeteza estar.
Quen esto escribe é o novo e inexperto coordinador,
Israel Rodríguez Gil (israelprofedelengua).

3 comentarios:

BIBLOS dijo...

Benvido, Isra. Desde Loranca te deseamos mucha suerte en esta nueva andadura y esperamos poder intercambiar con vosotros ideas y experiencias bibliófilas. Un saludo para ti y otro para Serafín, allá donde esté. Feliz comienzo.

israelprofedelengua dijo...

Muchas gracias por los ánimos, Loranca ;-)

Serafín dijo...

Novo, si; e bo profedelengua, tamén. Inexpertos somos todos, pero para intentar selo un pouco menos temos todo o curso por diante.
Moita sorte e un saúdo para todos desde a beiriña do mar.