28/9/10

Nova da BMV

Nova da Biblioteca Municipal de Verín:

O vindeiro venres 1 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a actividade ‘Outono na Biblioteca’, para nenos con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Contacontos interpretados por voluntarios e persoal da Biblioteca, manualidades e a confección dun gran mural coa temática do outono de fondo serán algunhas das actuacións programadas. As manualidades se converterán nun agasallo para os maiores da localidade, coincidindo co Día do Maior. Para participar nestas actividades, destinadas a un máximo de 20 nenos, é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.