16/12/10

Chega o Nadal

O Nadal xa está aquí, e a Biblioteca do Baronceli vestiuse para recibila coma merece, con árbore e todo: gracias aos alumnos e profes que participaron na decoración da sala... E coma sempre, nestas datas chega o concurso de felicitacións navideñas, que organiza o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística. Moitas delas xa están expostas na Biblioteca, así que pasade a velas! Pero tamén hai oportunidade para os que queiran amosar as súas dotes literarias co certame de microrrelatos de tema navideño que por vez primeira organiza a Biblioteca (mirade as bases!). Os premios de ámbolos dous concursos non podían ser outros que dúas cestas de nadal, claro, así que animádevos a participar que aínda estades a tempo!



No hay comentarios: