No
IES Castro de Baronceli é
tempo de lírica. O Equipo da Biblioteca organizou unha actividade temática coa poesía lírica coma protagonista, iniciativa que ten coma obxectivo acercar os alumnos á poesía, quitar esa especie de medo natural que parece que lle teñen os máis xóvenes. O lema elixido para concienciar de que a poesía forma parte das nosas vidas é:
"Dis que non che gusta a poesía; e logo, as letras das cancións, que son?". Algunhas columnas do Instituto foron decoradas con letras de cancións dos solistas e grupos musicais máis escoitados do momento, e os alumnos teñen oportunidade de colgar as letras das súas cancións favoritas.
![](http://4.bp.blogspot.com/-q6Q1oZAx37w/TWfCoZChJJI/AAAAAAAAAEE/ahDNLLstajc/s400/DSC_2321.JPG)
Paralelamente, na Biblioteca exponse unha selección de libros de poesía, que conta con autores xa clásicos coma Neruda ou Bécquer, entre outros.
Tamén se lle entregou a María Peña Damorín o premio correspondente ao concurso de poesía amorosa, organizado co galo do día de San Valentín: unha cena para dous persoas nun restaurante de Verín e que foi un éxito de participación. Merecido o premio para María, coma podemos ver nos versos do seu poema, que está ademáis exposto no chan, diante das escaleiras, para que todos poidan lelo e mesmo pisotealo ;-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario