San Valentín...
Co galo de San Valentín, festividade que sempre receben con entusiasmo os nosos adolescentes, a Biblioteca puxo en marcha un certame de poesía lírica amorosa (as bases están a dispor de todos nos carteis pegados no Instituto) cun suculento premio: un romántico xantar para dous persoas nun restaurante de Verín. Así que toca participar.
A poesía lírica amorosa clásica tamén estará presente, con algunha lectura e exposición dos textos mais fermosos da literatura mundial. De Garcilaso a Neruda, de Quevedo a Bécquer, teremos oportunidade de apreciar esos textos que recitaron xeracións de namorados. Ademais, coma podedes ver os que desde hoxe visitedes a Biblioteca, xa están en privilexiada colocación o best-seller de Federico Moccia, Perdona si te llamo amor, apaixoante historia de amor que, coma puidemos ver no Biblioboletín, vén recomendado por Iker Casillas :-)
Por outra banda, todos os grupos farán -en formato cartulina e en formato powerpoint- un repaso polas principais parellas (reais ou de ficción) que protagonizaron apaixoantes historias de amor -ou desamor-. Os traballos estarán expostos durante toda a semana e de seguro que aprendemos cousas interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario