1/3/11

Promo "Perdona si te llamo amor"

Auténtico furor. Perdona si te llamo amor, o libro de Federico Moccia, xa é con diferencia o gran éxito en préstamos no Baronceli neste curso 2010-2011. Non sabemos canto de mérito ten Iker Casillas neste boom, pero o certo é que a historia de Niki e Alessandro enganchou ben enganchado. Tanto foi así que os alumnos pediron máis, e para satisfacer a demanda, dende hai un par de semanas, Perdona pero quiero casarme contigo, Tengo ganas de ti e A tres metros sobre el cielo xa están nas estanterías ao dispor de todos na Biblioteca. A por eles que voan!


Promo "Perdona si te llamo amor"

No hay comentarios: