23/9/11

Botánica

O último trimestre do curso 2010/2011 o equipo da Biblioteca deseñou unha serie de actividades que xiraron ó redor da botánica. A idea motriz foi darlle impulso á noción da biblioteca como un recurso interdisciplinar de apoio ós distintos departamentos didácticos. O primeiro tema que se nos ocurriu, pois, foi a botánica, e esperamos que a este sigan outros tales coma xeografía, zooloxía, música, etc. Así que empezamos por ambientar a sala. O primeiro que fixemos foi "plantar" poemas que falaran de botánica, e así quedou a cousa...






...e, por suposto, seleccionar libros de botánica e polos no expositor para que quedaran ben visibles e os rapaces se animaran a coller algún en préstamo...





O seguinte paso foi facer na biblioteca (e fora dela) espazos divulgativos: os cactus, as árbores, as flores, as froitas, as verduras... A gracia era, naturalmente, dar as pertinentes explicacións ó lado de exemplares vivos...







Algún mensaxiño, de paso, que calara nos rapaces de xeito fácil e animara a súa conciencia medioambiental...







Tamén animamos ós alumnos a traer cadansúa planta...



En xeral, pensamos que a experiencia foi positiva e serviu para dinamizar da Biblioteca, a pesares de que non nos dou tempo a levar adiante actividades que tiñamos preparadas ou en vías de preparación, coma unha sesión de busca de información relacionada coa botánica, ou un concurso de fotografía botánica, cousas que esperamos facer no recén inaugurado curso.