14/11/11

Promo das últimas novidades na Biblioteca

Dámoslle publicidade os últimos éxitos de narrativa xuvenil que xa están nas estanterías da nosa Biblioteca (ben, en realidade, a día de hoxe xa están todos emprestados). Trátase da afamada novela xuvenil da escritora española María Fernández-Ponte, Nunca seré tu héroe, e de Traición, de Scott Westerfeld, o primeiro libro dunha tetraloxía que fai furor nos Estados Unidos.