27/2/12

"O disfrace", de Leticia Colmenero Martínez, microconto gañador do II Certame de Microrrelatos

Xa hai gañador do concurso de microrrelatos. Noraboa, Leticia!

O DISFRACE

Hai moitos anos en Verín había un neno que, cando chegaba o Entroido, púñase moi triste, porque non sabía coma facer o seu disfrace. Como non sabía facer ningún disfrace, pois non ía disfrazado ó Entroido, e a xente ríase del. O neno botábase meses pensando como ía facer o seu disfrace, pero non se lle ocurría nada.
Ata que un ano rendiuse.
Pasaban os anos e el non ía ó Entroido, e cada ano que pasaba, máis enfadado estaba, porque el estaba só en casa mentres que o resto da xente se estaba divirtindo no Entroido. Tanto chegou a enfadarse que pensou que podía coller un pau e atar un cinto na punta. E cando a xente estivera vendo o desfile, el iría pegándolle á xente co cinto. Pero tiña un problema, que era que a xente ía descubrir a súa identidade; entón decidiu facer unha careta con madeira. A medida que pasaba o tempo, el íalle engadíndolle cousas novas ó disfrace.
Ata que chegou o Entroido.
El desenvolveu o seu plan coma tiña pensado. Todo lle saiu como el o pensara, excepto unha pequena cousa, que era que el foi o que levou o mellor disfrace que nunca se levara ó Entroido. El deuse de conta de que foi capaz de facer un disfrace e dende aí non se perdeu ningún Entroido. E así foi como apareceu o peliqueiro no Entroido.

Leticia Colmenero Martínez, 2º A