13/10/09

Trinta Horas de Ler

Martes e trece, 10:25 horas. En vez do silencio desexado para comezar este curso a HORA DE LER, armouse o rebumbio na biblioteca. A maioría do alumnado do segundo ciclo, coa longa fin de semana por medio, esqueceu traer o seu libro. Unha vez solucionado o problema, axiña reinou o silencio polos corredores do instituto. Non todos lemos o mesmo, nin coa mesma finalidade, pero ao final conseguimos ler xuntos.
Por primeira vez, desde a súa implantación no último trimestre do curso 2007-2008, todo o centro participa e comparte esta experiencia. Tal como a aprobamos no claustro, ten os seus puntos fracos. Impoñemos unha sesión de lectura no horario semanal, pero apostamos pola liberdade de elección. O obxectivo céntrase na adquisición dun hábito. O respecto pola autonomía persoal, principalmente no treito de idade dos 14 aos 16 anos, non é incompatible coa mediación docente por medio de recomendacións e a existencia de lecturas obrigatorias. Tamén a HORA DE LER ten uns límites como o dalgunhas revistas inapropiadas nun espazo educativo, libros de texto ou apuntes…
Quédannos trinta sesións de HORA DE LER por diante. Consulta o calendario. Busca o teu libro e le. Polas enquisas do curso pasado sabemos que irán xurdindo dificultades e que non todos os grupos funcionan igual. Non importa. Busca outro libro. Saberemos que pagou a pena se consegues desfrutar.


Calendarios:

2 comentarios:

israelprofedelengua dijo...

Copio e pego...

Bibliobaronceli dijo...

...e o que é teu é meu...