23/4/12

Exposición de libros antigos

Hoxe celebramos no Instituto o Día do Libro cunha magnífica exposición de libros antigos, organizada pola Biblioteca. Gracias ás persoas que amablemente colaboraron aportando libros, profesores e alumnos puideron admirar exemplares tan valiosos coma un facsímil dun libro de 1496 feito na imprenta do castelo de Monterrei (a primeira de Galicia), un misal de 1780, unha edición do 'Quijote' de 1832, diversos libros de texto, gramáticas e diccionarios de finais do século XIX e principios do XX, novelas varias publicadas en Francia e España, un número da revista 'Blanco y Negro' de 1925... Unha oportunidade excepcional para aprender e disfrutar de auténticos tesouros bibliográficos.






No hay comentarios: