28/3/07

Literatura implicada

O son das buguinas
MARILAR ALEIXANDRE, AN ALFAYA, FRAN ALONSO, ROSA ANEIROS, AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, MARÍA REIMÓNDEZ, DOLORES RUÍZ
Ilustracións de XULIA BARROS
Edicións Xerais, Vigo 2007
Ficha editorial
Blog de Implicadas/os no Desenvolvemento (IND)


Escribe María Reimóndez no seu relato "O ventre do mar", baseado en feitos reais sobre a tsunami do 26 de decembro de 2004 que deixou máis de 300.000 mortos:
"Se cadra o único que me aliviaría
sería un mundo diferente"
Pois este libro-dvd amósanos o labor da oenegué galega Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) por facer do mundo un lugar mellor e máis xusto.

O noso traballo, como demostra este libro, non remata nun informe detallado de accións emprendidas e resultados obtidos. O noso traballo é tamén ser BUGUINAS que transmiten a voz das persoas que normalmente non a teñen. Somos BUGUINAS que recordan a necesidade dun cambio de forma de vida no Norte para que as poboacións do Sur poidan ter acceso a unha vida digna.

Así a buguina toca sete relatos escritos desde Galicia polos que se pronuncian nomes propios da India, Senegal ou Bosnia. Son historias que falan de desastres naturais, guerras, doenzas e migracións; pero tamén de empatía, ese saudable exercicio non só literario de pórse no lugar dos outros.

No hay comentarios: