Día do Ensino na casa de Ruvem Alves
3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8º.2. e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establecese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para os efectos académicos e que no curso 2007/2008 se celebrará o 2 de maio de 2008. (DOG, 16/4/2007) Artigo 7º.- Días non lectivos
Á busca de información sobre o motivo que nos permite hoxe, 2 de maio, folgar coa celebración do Día do Ensino, podemos achar unha literatura máis amena que a do Diario Oficial. Se seguimos o fío do buscador de internet alegría+ensinar, imos bater co título dunha obra de Ruvem Alves. Segundo a wikipedia, psicoanalista, educador, teólogo e escritor brasileiro que conta cun espazo propio na rede: A CASA DE RUVEM ALVES.
Que cada quen entre polas portas do Carpe Diem ou o Tempus Fugit, visite o Quarto dos Badulaques, o Quarto da Poesía, a Cozinha ou fique no Jardim. Das súas conversas cos educadores, quedo agora co final do artigo O prazer da leitura:
Ler é fazer amor com as palavras. E essa transa literária se inicia antes que as crianças saibam os nomes das letras. Sem saber ler elas já são sensíveis à beleza. E a missão do professor? Mestre do kama-sutra da leitura...
2 comentarios:
Grazas por acercarnos á figura e á obra de Ruvem Alves.
Foi un verdadeiro pracer celebrar este "Día do Ensino" coa lectura de "O prazer da leitura"
Fantástica entrada que, co voso permiso, enlazaremos no noso blogue.
Apertas dende Fene
O pracer é noso. Recomendamos tamén a entrevista con Ruvem Alves que ofrece o Segrel. Feliz maio.
Publicar un comentario