18/9/08

Gabanza do estudo (Bertolt Brecht)

GABANZA DO ESTUDO

Estuda o elemental!
Para quen xa chegou a hora
endexamais é tarde.
Estuda o alfabeto! Non abonda,
pero apréndeo. Non te desanimes!
Comeza xa! Tes que sabelo todo!
Estás chamado a ser responsable.

Estuda, home no asilo!
Estuda, home na cadea!
Estuda, muller na cociña!
Ancián, estuda!
Estás chamado a ser responsable.

Vai á escola, desamparado!
Persegue o saber, morto de frío!
Terma con forza do libro, esfameado! Éche unha arma!
Estás chamado a ser responsable.

Non teñas medo de preguntar, compañeiro!
Non te deixes convencer!
Compróbao por ti mesmo!
O que non sabes por ti, non o sabes.
Repasa a conta pois es ti quen a paga.
Sinala co dedo cada cousa e pregunta: "e logo, que vén sendo iso?"
Estás chamado a ser responsable.

BERTOLT BRECHT

Biografía de Bertolt Brecht na wikipedia

Escolma de poemas de Bertolt Becht

Presentación sobre o autor, do IES Barrio de Loranca de Fuenlabrada

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Compañeiros do IES "Castro de Baronceli": agrádanos atopar hoxe neste post o nome do noso IES. É pra nós un placer e un motivo de ledicia compartir o noso traballo con vós. Parabéns pola vosa páxina e graciñas por visitarnos.

Perdonad los errores que hayamos podido cometer. Queríamos saludaros en una lengua que amamos pero no dominamos. Desde el IES "Barrio de Loranca" seguimos vuestro trabajo y el de todas las bibliotecas escolares gallegas, que son un verdadero ejemplo para nosotros. Nos ha hecho mucha ilusión comprobar que os interesáis por nuestra actividad (aunque, por alguna razón, la presentación sobre Brecht no se abre, mirad a ver si podéis arreglarlo). Saludiños.

Bibliobaronceli dijo...

Muchas gracias por vuestras palabras en gallego desde Fuenlabrada (Madrid).
Ahora ya funciona correctamente el enlace