10/11/08

Disléxicos invisibles




  • Afecta a máis dun dez por cento da poboación.
  • Trinta e oito millóns de cidadáns da UE padécena en diferentes graos.
  • Estímase que está detrás do tres por cento do fracaso escolar.

É a dislexia.

  • Trastorno caracterizado pola dificultade na exactitude e automatización lectora e moi frecuentemente tamén dificultades na escritura (disgrafía e disortografía).
  • É unha dificultade conxénita e hereditaria, cunha base neurolóxica.
  • Non pode ser explicada por deficiencias visuais ou auditivas, por trastornos emocionais ou condutuais, por retraso mental, nin por situacións educativas "anormais" (como ausencias prolongadas ou repetidas ás clases, metodoloxía de ensinanza inapropiada, cambios frecuentes de profesores ou centros…).
  • Non indica en ningún caso falta de intelixencia. Leonardo da Vinci, Newton, Einstein e moitos xenios anónimos foron disléxicos.
  • Quizais non teña cura, pero pode superarse. Necesita diagnóstico precoz, atención escolar e tratamento específico.
  • Cómpre saír da invisibilidade:

Asina a petición da campaña da FEDIS para declarar o 8 de novembro como Día Nacional da Dislexia.

No hay comentarios: