4/11/08

Verín Natural, blogue da natureza

Sabes que flor é o candiolo? Cantas papuxas se poden ver no val de Monterrei? Por que en San Cibrao lle chaman gharallo ao cuco? Cres que o gaio de Laza vén sendo o mesmo que o pigarro de Vilardevós? Coñeces a barrosiña do Riós?
Pois todos este nomes vernáculos da nosa fauna e flora máis cercana podes atopalos no blog Verín Natural, acompañados de fermosísimas fotos e enlaces de interese.
Aquí atoparás por exemplo o mapa para referenciar as observacións naturais no surleste ourensán: