27/2/09

Recortes dos xornais

A páxina do concello de Verín ofrece este interesante servizo de documentación: a hemeroteca dos recortes dos xornais. Así é máis doado achar todas as novas relacionadas coa cidade e a comarca desde o ano 2001. Neste momento a escolma inclúe as seguintes publicacións: Faro de Vigo, La Región, La Voz de Galicia e Galicia Hoxe.
A busca de novas é pincipalmente cronolóxica, pero desde hai uns meses tamén contempla a posibilidade de buscas temáticas grazas ao motor de Cidades Dixitais. O almacenamento está efectuado en formato PDF.

Se buscas polos recortes tamén nos encontrarás a nós. A máis recente entrada é esta:


No hay comentarios: