26/3/09

Manual de Regulamentación en galego

Sempre é de agradecer as doazóns de libros, e máis cando se trata da achega coma esta amablemente ofrecida polo pai dun alumno. O libro tamén é un tanto especial para unha biblioteca escolar. Trátase do Manual de Regulamentación en galego C1 e C, primeiro deste tipo na nosa lingua, editado por Etrasa.
Como tamén inclúe test aqui vos deixamos cunhas cantas cuestións:

Nun mapa de estradas cunha escala 1:2.000.000, un centímetro
correspondería a
a) 200 quilómetros
b) 2 quilómetros
c) 20 quilómetros

O alumado de gálibo consiste...
a) en dúas luces brancas tanto por diante como por detrás.
b) en dúas luces de cor branca ou amarelo selectivo por diante e dúas vermellas por detrás.
c) en dúas luces brancas por diante e dúas por detrás.

Para que un automóbil sexa considerado camión é necesario
que...
a) teña unha masa máxima autorizada superior a 3.500 quilógramos.
b) a cabina non estea integrada no resto da carrocería.
c) teña un máximo de 5 prazas, incluída a praza do condutor.

Entre outros efectos, o alcol...
a) diminúe o tempo de reacción.
b) diminúe o campo de visión.
c) diminúe a distancia de freado.

Moitas grazas, Chelis.

No hay comentarios: