6/2/09

Toponimia "in valle Varoncelli discurrente rivulo Tamega"

Queres saber por que o topónimo LAZA fai alusión ao frío?

Que se sementaba e arrincaba nas ESTIVADAS para recibir tal nome?
Que venerables anciáns lle deron nome a VILARDEVÓS?
Que forma está detrás do NAVALLO e non ten nada que ver cos coitelos?
Cales son as dúas posibilidades para explicar a orixe de VERÍN?
A que sabían as primeiras augas de SOUSAS que non eran precisamente sosas?
Sabías que o noso río TÁMEGA é irmán lingüístico do TÁMESIS londinese?


Atoparás a resposta a todas estas cuestións e moitas outras que teñen que ver coa toponimia no recente libro adquirido polo ENDL e depositado na biblioteca.
F. CABEZA QUILES,
Toponimia de Galicia.
Editorial Galaxia, Col. Guías AZ.
Deixámosvos con todo un clásico da filoloxía galega, que a profesora Beni coñece moi ben.

SERVOI. Servoi é o nome dun lugar e parroquia do concello de Castrelo do Val (Ourense), emprazado no val de Verín. Neste val, denominado na Idade Media "Baroncelli" ou "Varoncelli", por onde discorre o Támega, existiu un mosteiro chamado "Servo Dei", o nome do cal aparece nun documento do ano 1132: "De monasterio Servo Dei, quid (o cal) est in Valle Varoncelli discurrente rivulo Tamega"; antigo Servo Dei, que debe ser, xa que logo a base etimolóxica e significativa do actual Servoi, que parece representar o nome persoal Servusdei. Tal como aparece Servusdei quere dicir "servo de Deus", expresión ou fórmula de humildade cristiá e de reverencia a Deus tipicamente medieval, que se debeu converter moi pronto en nome de persoa. Tal fórmula aparece unha chea de veces ao principio de moitos documentos. (...)
Xa nun documento do ano 992 aparece un abade do mosteiro de Celanova chamado, precisamente Servusdei: "servo Deo abbati", quizais tocaio do posible fundador do devandito mosteiro así mesmo chamado "Servo Dei" do val de Verín; cenobio que puido recibir o nome do seu primeiro reitor, hoxe toponimizado no nome de lugar Servoi.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ola de novo.Serafin laza non fai alusion de frio, en laza fai frio cajo na...jejeje pero mas frio fai aki en ourense, metese nos osos que da justo...jejejeje
weno moitas apertas
xa nos veremos que teño k voltar ahi.
dew

Serafín dijo...

Copiando do libro Toponimia de Galicia:

LAZA provén ou debe provir da voz latina (G)LACIA, e esta á súa vez de (G)LACIUM, "lazo, xeo".
---
Dunhas *(mattas)EXTIRPATAS, isto é, malezas vexetais extirpadas ou arrincadas, puido nacer o topónimo AS ESTIVADAS, de significado moi parecido á roza, ou rozadas do monte para poñelo en cultivo (xeralmente de cereal).
----
VILARDEVÓS, procedente de VILLARE (DE) AVIOLOS, diminutivo do latín AVUS "avó", en referencia ao respecto dado así mesmo a uns avós ou anciáns, residentes neste caso nun pequeno vilar ou pequeno lugar poboado.
----
...dunha base probablemente preindoeuropea igual ou parecida a *nava, "depresión ou chaira entre montañas pola que corre un río". En parecidas condicións orográficas atoparanse, de maneira máis ou menos manifesta, os topónimos NAVALLO, O NAVALLO, NAVALLOS e NAVAZA, probable aumentativo da *nava, COMO VILAZA o é de Vila.
---
Nun documento do ano 978 cítase unha "vila de VERINUS", que nos pon na pista do topónimo VERÍN. Debe vir dunha antiga *(vila)VERINI, antropónimo d eorixe latina.
(...)
VERINUS pode ser, perfectamente, diminutivo de VERUS, antropónimo que significaba en latín "verdadeiro", "que di a verdade".
---
SOUSAS podería provir dunhas *(aquas)SALSAS, "augas salgadas", que faría referencia a un manacial de augas salgadas no lugar.
---
Cómpre pensar nunha antiga base prerromana *TAM, "correr, fluír (auga)".Este radical parece estar presente en moitos nomes de ríos, regatos e fontes:
Tambre, Támega, Támoga, Tamuxe...
Fóra de Galicia, a nómina deste ríos complétase cos Támesis, en inglés Thames.

Saúdos, Jessica.