3/6/09

Balbino no club de lectura

Estes son só algúns dos comentarios extraídos das valoracións persoais da lectura de Memorias dun neno labrego realizadas polo Club Proa de lectura .

Sinceramente, o libro paréceme algo triste, pois o protagonista non pode ir ás festas. Sei que a vida daquela era dura e máis miserable, pero tamén poderían deixar que o pobre rapaz gozara un pouco, porque senón vaia trauma!!! E ademais o pobre rapaz sofre por amor ¡Ai, pobriño Balbino!
IONE LEADBEATER

Ó principio non me gustou, pero despois está moi, moi ben.
Eu valoro ben o libro porque é realista. Dáme moita pena porque é un neno e non merece ter que traballar tanto.. Merece ir as festas, como os outros nenos, pero non vai porque debe gardar loito polo seu tío. A Balbino estanlle quitando a “infância” e todo ser humano, por moi malo que sexa, non merece iso. Que pronto se vai a idade da infancia!!!
JUDIT PEDROSA

A min gustoume moito a obra. Gustoume porque Balbino vai contando todo o que lle pasa. Balbino é un neno pobre, cando había festa na aldea el non ía porque tiña que gardar loito polo seu tío. Tamén me gustou porque é un neno moi traballador, facía todo o que lle pedían seus pais e a súa madriña, nunca rechistaba e era un neno moi listo a pesar de que case non ía á escola.
YASMÍN GONZÁLEZ

Gustoume porque é un libro que engancha moito, conta unha vida real que sucedeu hai moito tempo e que nós, afortunadamente, non coñecemos. O mellor da vida do protagonista foi destrozada e iso non debería ser así.
YÉSICA FERREIRO

No hay comentarios: