8/6/09

FESTA DO BARONCELI NA CORUÑA (XI Premio Luís Freire)


O sábado (6 de xuño) vivimos unha das xornadas máis emocionantes e emotivas na pequena historia do noso instituto. Na sala de exposicións da Domus, na cidade da Coruña, celebrouse a final do XI Premio Luis Freire de investigación científica para escolares. Dos cinco traballos finalistas, tres saíron do laboratorio de ciencias do IES Castro de Baronceli. Tras unha brillante exposición pública, con preguntas do xurado incluídas, este foi o fallo:


1.º PREMIO - IES Castro de Baronceli
Tania Alonso, Laura Pardo e David Ginzo
Que tipo de madeira produce máis cantidade de enerxía de biomasa mediante unha combustión termoquímica?

2.º PREMIOIES As Barxas de Moaña
Cal é a temperatura á que cantan os grilos?

3.º PREMIO - IES Castro de Baronceli
José Manuel Bahamonde, José Manuel Francisco, José Luís Basalo e Stefan Álvarez
Que número de pas optimizan o rendemento dos aeroxeradores?

4.º PREMIO - IES Castro de Baronceli
Sonia Villar, María Queija, Vania Gonçalves e Loli Sanmiguel

Que combinación de substancias depura mellor a auga?

5.º PREMIO - IES Sar de Santiago
Popeye, algas mellor que espinacas.

Todos recibiron un ipod. O primeiro equipo gozará ademais dunha viaxe ao Parque Natural Arribes del Duero.
Noraboa a todos e todas, en especial ao profesor Miguel A. Yebra.

FOTOS NA GALERÍA
Última páxina de El País (edición Galicia)
Reportaxe en El Ideal Gallego
Noticia en La Voz de Galicia

2 comentarios:

biblioteca dijo...

Sodes os verdadeiros protagonistas dos xornais de hoxe, e non é de estrañar con esa chea de premios. Noraboa!
Saludos desde Betanzos

Bibliobaronceli dijo...

Máis alá dos resultados, do que nos sentimos realmente moi satisfeitos, debemos agradecer aos Museos Científicos Coruñeses a boa organización desta magnífica experiencia. Animamos a todos os centros a participar.