2/7/09

Balance optimista

Coas obras emprestadas ao profesorado durante o derradeiro claustro desta semana, pechamos o curso 2008-2009 e facemos balance. Segundo os datos estatístiscos do movemento da biblioteca, estes son os resultadodos dos últimos nove meses:

  • 894 préstamos (769 libros, 125 documentos audiovisuais), sen contar as Maletas Viaxeiras e as Bibliotecas de Aula. Isto quere dicir que aumentamos significativamente os resultados dos curso anteriores, ata multiplicalos por sete con respecto a hai tres anos. Cómpre lembrarmos que este curso baixamos o número de matriculados ata os 180 alumnos. Tendo en conta o profesorado e persoal non docente, viría representando unha media de catro préstamos por alumno e curso.


  • 767 novos rexistros incorporados ao nosos fondos. Grazas ao esforzo do Grupo de Traballo dos últimos dous anos, completase a informatización de practicamente todo o material depositado na biblioteca. Segundo o OPAC-Meiga acadamos neste momento 3.617 rexistros bibliográficos.

Neste último curso tamén ampliamos a Hora de Ler ao segundo ciclo da ESO; puxemos en circulación dúas Maletas Viaxeiras; publicamos un Biblioboletín no nadal; programamos dúas sesións de contacontos; co-organizamos a II Romaría das Letras Galegas e outros eventos como o Día da Paz; ampliamos a dotación de ordenadores da biblioteca e os andeis con escadas na sala de lectura... e comezamos con dúbidas e erros a experiencia imparable dos Clubs de Lectura.

Pero, ademais, estamos cun sorriso de satisfacción por figurarmos na lista do PLAMBE para o vindeiro curso. Moito esperamos seguir aprendendo e divertíndonos entre libros e amigos!

Bo verán de lecturas para todos.

3 comentarios:

biblioteca dijo...

Noraboa para Castro de Baronceli!
Serafín, agora se que temos unha boa escusa para celebrar esa comida.
Marga

I. CAMACHO dijo...

Parabéns. Bo verán, boas vacacións e boas lecturas.

Biliomanía dijo...

O traballo que facedes desde a Biblioteca queda claramente reflexado neste blog. Parabéns a tod@s e bo comezo no novo curso que se inicia.