29/8/09

Unha flor para comezar o curso 10



Comezamos o curso cunha flor, pero é A flor máis grande do mundo. Trátase do conto para nenos que o autor portugués José Saramago escribiu en 1970, moito antes de que lle concedesen o premio Nobel. Aquí podes ver en versión de plastilina animada, feita en Galicia e tamén premiada polo mundo adiante.

Dixen "conto para nenos" pero axiña te decatarás de que iso non máis que unha frase feita:

E se as historias para nenos pasasen a ser
lectura obrigatoria para os adultos?

Seríamos capaces de aprender realmente
o que, desde hai tanto tempo, vimos ensinando?

_________

O vídeo pódese ver e descargar en flocos.tv

O libro en castelán pódese ler e descargar en librosgratisweb.com

No hay comentarios: