8/3/10

Día Internacional das Mulleres

IMAXE: Bibliocabe

A finais do Século XIX coa revolución industrial as mulleres incorpóranse ao traballo nas fábricas. Se as condicións eran duras para a clase traballadora en xeral, moito máis o eran para as mulleres: xornadas laborais moi longas (máis de doce horas en moitos casos) e salarios inferiores aos dos homes.
As mulleres, a medida que se van incorporando ao mundo laboral, van sendo conscientes da situación de explotación e discriminación á que son sometidas. Pouco a puco empezan a organizarse.
O feito de que se puxera o 8 de marzo como Día da Muller explícase en relación aos sucesos protagonizados polas mulleres dunha fábrica téxtil, a Sirtwood Cotton, en New York, o 8 de marzo de 1809. Ese día as traballadoras encerráronse na fábrica para pedir unha redución da súa xornada laboral a 10 horas. Dise que os propietarios decidiron incendiar a fábrica para facelas saír de alí o que orixinou que resultaran mortas 129 mulleres. De feito, a cor lila con que se identifica a loita das mulleres débese, a que era a cor do tecido co que estaban traballando.
Sen embargo, parece que non hai probas claras deste feito e outra versión di que naquela época se lle atribuíu este feito para ocultar a orixe de ideoloxía comunista da loita que deu lugar a esta celebración.
O certo é que grazas á loita que comezaron a levar a cabo as mulleres pola dignificación como persoas leva a que no ano 1910 Clara Zetkin consegue que a II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas aprobe a celebración do Día Internacional da Muller que máis tarde se consolida o día 8 de marzo.
O que se reivindica fundamentalmente este día é a igualdade de dereitos entre ámbolos sexos. Esta igualdade, aínda que nalgún caso se contempla na lei, non se ten acadado na realidade cotiá, e só temos que ver os datos de desemprego feminino, as horas de traballo dentro e fóra do fogar, a situación laboral, os soldos, os abusos, agresións, etc.
A desigualdade entre homes e mulleres só rematará cando despareza a mentalidade machista e se chegue a considerar a muller como persoa en pé de igualdade co home.
O feminismo non é máis que a reivindicación desa igualdade e mentres esa igualdade non sexa real temos que seguir conmemorando o día 8 de marzo para que se visibilice a nosa loita, que non é outra que o desexo de superar a inxustiza que provoca violencia e pobreza, e traballar pola construción dun mundo baseado na paz, a xustiza, a liberdade,a igualdade e a solidariedade.

Rosalía de Castro
Unha figura representativa do feminismo galego foi, sen dúbida, Rosalía de Castro. Este ano é o seu 125 cabodano.
Rosalía de Castro é unha das precusoras do feminismo en Galicia. Na súa obra denuncia as condicións de vida das mulleres máis humildes, o seu rexeitamento á opinión de que as mulleres non debían participar en nada que non fose as tarefas da casa e, os prexuízos que na súa época se tiñan sobre a figura da muller.
Hai 125 anos que nos deixou Rosalía, pero a visión da muller que ela denunciou nos seus versos non mudou o suficiente, por iso para moitas de nós segue a ser un referente.
Daquelas que cantan ás pombas i ás frores
todos din que teñen alma de muller;
pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
Ai!, de que a terei?

5 comentarios:

Unknown dijo...

Es cierto: una cosa es la ley y otra la realidad. Me gusta que recordéis a Rosalía, junto con Bécquer, lo mejor de la poesía de la segunda mitad del XIX. Sáudos.

Serafín dijo...

Grazas, Carlota, polo teu comentario.
Afortunadamente, cada vez está máis clara a interpretación de Rosalía en clave feminista.
Co 22 anos escribiu:

“Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se alza hasta el cielo y desciende hasta la tierra, soberbio como Luzbel y dulce como una esperanza.(...) no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne. Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino”.

A cita é da obra Lieders, recollida no magnífico artigo "Non serviam", de Pilar García Negro, publicado en Xornal de Galicia:

http://www.xornal.com/opinions/2010/03/07/Opinion/non-serviam/2010030700310900638.html

israelprofedelengua dijo...

No conozco tanto la vida y obra de Rosalía como debiera, pero... ¿no es arriesgado interpretar en clave feminista estas palabras? El movimiento feminista estaba en estado embrionario en EE.UU., y en España por las fechas en que vivió Rosalía era inexistente. Casi diría que se roza el anacronismo terminológico. Es verdad que el romanticismo exalta el igualitarismo, pero quizá más en lo relativo a las personas individuales, sin asociarlo a la diferencia de sexo. Con la industrialización -y en tiempos de Rosalía era casi inexistente- sí comienzan a existir tímidos movimientos de defensa de los derechos de la mujer, que podrían ser llamados "feministas" (aunque con reservas).
De cualquier manera, las palabras de Rosalía me las apunto para mis clases ;-)

Serafín dijo...

Grazas polo comentario, Irsael. Creo que os dous falamos dun punto de vista actual da interpretación da obra e pensamento de Rosalía. O mesmo que á Pardo Bazán, parcialmente contemporánea súa, a quen o feminismo non se lle discute.

Serafín dijo...

Un resumo xornalístico desta interpretación pode lerse no artigo de Suso de Toro titulado "Loba ferida":

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Loba/ferida/elpepuespgal/20091204elpgal_23/Tes