Certames literarios do Concello de Verín
Para fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca os seguintes concursos dirixidos ao alumnado matriculado en calquera centro docente da comarca.
Certame de RELATO CURTO Antonio Fernández Pérez
O relato deberá ser orixinal, inédito, con temática e estilo libre, escrito en galego. A súa extensión non superará as dúas follas escritas por unha soa cara con tipo Time New Roman de corpo 12, marxes estándar e a un espazo e medio de interliñado.
Certame de POESÍA Xosé Carlos Caneiro Pérez
O poema deberá ser orixinal, inédito, con temática e estilo libre, escrito en galego. Non superará os 24 versos.
Cada centro educativos deberá preseleccionar tres relatos e tres poemas por cada ciclo educativo para envialos á fase intercentros antes do día 5 de maio. Establécense, en cada un dos catro niveis (primaria; primeiro ciclo ESO; segundo ciclo ESO; Bacharelato e Ciclos Formativos), os seguintes premios:
1.º premio: 90 euros.
2.º premio: 60 euros.
3.º premio: 3o euros.
Finalistas: lote de libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario