26/3/10

O Principiño aos quince anos (Clube de lectura)

As palabras d'O Principiño soaron onte na biblioteca, nas voces do Clube de Lectura de 3.º ESO. Bosquexamos a vida e morte do aviador Antoine de Sant-Exupéry e do seu tradutor ao galego. Levantamos acta da reunión cun sinxelo rexistro bibliográfico. Repasamos a obra desde a dedicatoria ás acuarelas orixinais do autor, como a famosa boa dixerindo un elefante. Aprendemos a ver o mundo con ollos de nenos e sabemos que un baobad, un año, unha flor, un raposo ou unha serpe pódense ler como símbolos. Visitamos o asteroide B 612 e os sete planetas con cadanseu habitante (un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro, un xeógrafo)...
E, sobre todo, falamos da experiencia de ler O Principiño con quince anos e arrincamos a promesa de que volverán a lelo dentro doutros quince.
Xa case sen tempo, gravamos improvisadamente a lectura do capítulo XII. Aínda que se nos atragantasen os adxectivos clave do fragmento lúgubre e perplexo, velaquí as voces de Alba, Noelia, Mabel e Verónica:







O planeta seguinte estaba habitado por un bebedor. Esta visita foi moi curta, pero sumiu ó principiño nunha gran elancolía.
-¿Que fas aí?- preguntoulle ó bebedor, que estaba sentado en silencio diante dunha colección de botellas baleiras e outra colección de botellas cheas.
-¡Bebo!- respondeu o bebedor con tono lúgubre.
-¿Por que bebes?- preguntou o principiño.
-Para esquecer.
-¿Para esquecer que?- inquiriu o principiño, xa compadecido.
-Para esquecer que sinto vergonza- confesou o bebedor baixando a cabeza.
-¿Vergonza de que?- preguntou o principiño, que quería socorrelo.
-¡Vergonza de beber!- dixo o bebedor, que se pechou definitivamente no silencio.
E o principiño marchou todo perplexo. Decididamente ía dicindo para si:
"As persoas maiores son moi raras".

No hay comentarios: