19/4/10

A Biblioteca Fantástica (concurso literario escolar)

A Eurocidade Chaves-Verín e a Biblioteca Pública Municipal organizan un Concurso de Narrativa no que poderán participar o alumnado entre os 10 e o os 14 anos matriculado en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves.
O relato debe ser orixinal e inédito, comprender a seguinte temática: A Biblioteca Fantástica, e ten que presentarse en letra manuscrita lexíbel; a súa extensión non superará, en ningún caso, 4 DIN A4 escritos por unha cara.
O traballo enviarase ou entregarase no Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Verín antes do día 28 de maio.

Premios en material deportivo
Os premios consistirán en sortear entre todas e todos os participantes seleccionados obsequios de material deportivo doados por diversos clubs de fútbol: F.C. Barcelona, Monterrei C.F., R.C. Deportivo da Coruña, Lugo C.F., R.C. Celta de Vigo, Verín C.F. e a Selección Española de Fútbol.

Ligazóns:
Bases
Biblioteca Pública Municipal

No hay comentarios: