7/4/10

Rockeiro e lector empedernido

O guitarrista dos Rolling Stones, Keith Richards, confesa o soño da súa vida: ser bibliotecario.  E a min paréceme estupendo. Non só de sexo, drogas e rock and roll viven as estrelas. Un pode ser rato de biblioteca e satánica maxestade ao mesmo tempo; cultivar unha imaxe de crápula e, asemade, estudar o sistema Dewey de clasificación; rockeiro e lector empedernido.
No adianto da autobiografía que publicaba onte o xornal El País tamén se recolle unha cita sobre as bibliotecas que demostran o seu verdadeiro amor pola lectura:

"Cando vas medrando, hai dúas institucións que che afectan especialmente: a Igrexa, que pertence a Deus, e a biblioteca, que che pertence a ti. A biblioteca pública é enormemente igualitaria."    Keith Richards
Ligazóns:




     Autor/es: Havers, Richard / Wyman, Bill
     Editorial: Grijalbo [2003]
     Materias: Música rock / The Rolling Stones - Biografías
     Localización78 / WYM / rol

No hay comentarios: