13/4/10

Teatro, tertulia literaria, contacontos e exposición

A actividade extraescolar desta semana vaise animar especialmente a partir de mañá. O xoves, todos os cursos teñen prevista unha saída para asistiren á representación da obra "QT Meto" a cargo da compañía alavesa Pikor Teatro. Así presentan o espectáculo:


En “QTMeto” abordamos el problema (real o ficticio) del alarmante aumento de
la violencia juvenil, en general, así como detenernos en particular a analizar la naturaleza del llamado acoso escolar o “bullying”, fenómeno en alza en nuestro país según la mayoría de los medios de comunicación. Con el espectáculo queremos plantear el debate entre los jóvenes sobre la sociedad “violenta” que nos ha tocado vivir y sobre el indudable interés de poder disfrutar de otra donde la convivencia sea más solidaria y tolerante.

A actividade está promovida polo Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín. Nesta ligazón podes acceder a varios vídeos para ir abrindo boca:

Vídeos

*************************

O venres, sen saírmos do centro, o alumnado do segundo ciclo encherá a biblioteca para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Farémolo do mellor xeito que se pode facer: falando de libros cunha das grandes figuras que ten dado a literatura galega nos últimos anos. Estámonos a referir a PAULA CARBALLEIRA que manterá un encontro co alumnado de 3.º ESO lector da súa última novela O lobishome de Candeán. E, ademais, teremos a oportunidade de gozar cunha prometedora sesión de contacontos.
O blog Revolta da freixa fala da novela e recompila os seguintes enlace ao redor dela:

***************************

E se aínda vos quedan ganas de marcha para a fin de semana, está aberta a exposición Ríos de Galicia. Tesouros de vida, que amosa unha excelentes imaxes do fotógrafo José Luís González. Atoparás os folletos da mostra e a unidade didáctica no punto de información da biblioteca.

Foto: José Luís González

1 comentario:

BIBLOS dijo...

¡Qué barbaridad, cuánta actividad! Por aquí también estamos en plena efervescencia, preparando la Semana del Libro. A ver qué tal sale... Saúdos, Verín.