30/10/10

III Encontros de Bibliotecas Escolares

Esta fin de semana puidemos disfrutar dos interesantes III Encontros de Bibliotecas Escolares, realizados en Santiago, que levaron o título de Variacións sobre a lectura. Foi unha gozada ver aproximadamente un millar de persoas encher o Pazo de Congresos para escoitar as ponencias de especialistas na materia e as experiencias bibliotecarias que se están a levar a cabo en diferentes centros educativos de dentro e fóra de Galicia. A verdade é que houbo unha chea de boas ideas que ao mellor poden ser adaptadas á realidade da Bibliobaronceli... Dende logo, os problemas e os desafíos aos que todos nos enfrentamos son semellantes, e por iso mesmo, é bo compartir as nosas dúbidas e as nosas ilusións, e ver os camiños que toman outras bibliotecas, porque unha boa biblioteca está sempre en permanente cambio, atendendo constantemente o mellor posible as necesidades dos verdadeiros protagonistas, os rapaces.
Aquí tedes o programa dos encontros. E aquí tedes o acceso as diversas comunicacións.

No hay comentarios: